Tipos e texturas de pel
É moi imortante coñecer o tipo de pel de cada persoa, de cada
zona do corpo e os cambios que se dan co sexo e coa idade para escoller o cosmético
axeitado para cada área. En xeral, considéranse tres tipos de pel:
seca, mixta e graxa. Sen embargo, isto non é exactamente así. Todas as peles forman un continuum desde peles
secas,a un pouco menos secas, normais ou equlibradas, algo graxas e moi graxas. Da mesma maneira que a pel dunha persoa
pode ser moi graxa na cara e moi seca nas mans ou nas pernas.
A pe, de feito, cambia coa idade. A maioría dos nenos (salvo os cativos menores
de 3 meses que teñen a pel moi graxa polas hormonas maternas e da placenta persitentes durante ese tempo) teñen a pel seca, até que -ó
comezar o estímulo hormonal na pubertade- a pel vira máis graxa, (mesmo
graxa en exceso, con problemas de seborrea e acne...). Os adultos adoitamos ter a pel normal ou lixeiramente
graxa. Despois da menopausia, a pel feminina vólvese de novo un pouco
máis seca, e requiere algo máis de atención, pero non excesivamente seca. No caso dos varóns a pel segue sendo graxa
durante toda a vida.
Se temos en conta o sexo, cómpre dicir que as mulleres teñen a pel
algo máis seca que os varóns, pero estas diferenzas non existen na infancia ou na pubertade. Polo
tanto, non é un factor demasiado importante para ter en conta.
Tampoco todas as zonas do corpo son iguais: a cara é máis graxa que o
tronco; e o tronco máis graxo que as mans ou os pés (que son sempre as
zonas máis secas do organismo en canto á secreción sebácea, -que non
debemos confundir coa suoración-). Mesmo dentro da cara hai diferenzas:
a zona na que hai maior densidade de glándulas sebáceas e máis activas é
a zona "T" (testa, nariz e queixelo), mentras que os pómulos e as
mandíbulas son algo máis secas. Quizais de aí; vén a idea -algo heterodoxa-
das peles mixtas: todos, en realidade, temos a pel algo mixta.
Emilio del Río, médico dermatólogo, Clínica DERMALAR, Santiago de Compostela,
voltar á páxina principal