Reacción adversa a cosméticos

A expresión "reacción adversa" indica un tipo de resposta do organismo non desexada e, normalmente, molesta. As reaccións adversas máis comúns son de dous tipos: irritativas e alérxicas.

Exemplos de reaccións irritativas son as que aparece nas mans por un lavado excesivamente frecuente e intenso, ou o efecto de aplicar un produto máis activo en zonas para as que non estaba indicado (un produtos para peles graxas na contorna ocular), ou nunha idade inadecuada (un produto de adultos aplicado a un bebé), ou usar unha cantidade excesiva nunha zona delicada (un antitranspirtante nos sobrazos). ou un modo de aplicación non correcto (usar un xel de ducha sobre a pel sen retiralo, como unha crema hidratante).

As reaccións alérxicas propiamente ditas aparecen se hai unha sensibilización previa do organismo hacia eses produtos, de tal xeito que as nosas células de defensa rexeitan esa sustancia cada vez que entra en contacto coa pel. Aparece picor, ardor, inflamación, descamación, exudación, etc. Nalgúns casos as alerxias ou reaccións a cosméticos están mediadas pola luz, particularmente a ultravioleta. Se a luz non incide sobre a pel con cosmético non pasa nada, pero se hai exposción á luz, sí aparece reacción. Sucede isto, por exemplo, con algúns cosméticos con perfumes de extractos vexetais, como a bergamota, a lima...

As alerxias a cosméticos propiamente ditas afectan máis a mulleres e a localización máis frecuente é a cara. A certeza dunha alerxia só se ten se se confirma con probas específicas realizadas polo dermatólogo ou alergólogo. Entre as sustancias que producen alerxias con máis frecuencia está os perfumes (xeraniol, euxenol, hidroxicitronela, o Bálsamo do Perú, aldehído e alcol cinámicos e a colofonia), algúns conservantes (o Kathón CG, Euxyl K 400, tiomersal, formaldehído, parabenes) e algúns tintes (coma os tintes negros, que teñen parafenilenodiamina -PPDA-), algúns metais, como o níquel (tamén presente na bisutería) o cobalto e o mercurio.

Se ben é certo que estas sustancias provocan alerxias con algo máis de frecuencia que outras, tampouco sucede isto no cen por cen da poboación, polo que -salvo as claramente máis frecuentes- non é impedimento para que unha persoa normal poida usar produtos que conteñan estas sustancias. Tan só as que previamente teñan confirmado ser alérxicas a algún compoñente deben evitalo, (do mesmo xeito que unha persoa que non é alérxica ó marisco, non ten porque renunciar a este manxar).

Unha forma "doméstica" moi sinxela de comprobar se pode existir unha alerxia a un cosmético é poñer unha pequena cantidade na tea dunha tirita e aplicala na superficie flexora do antebrazo durante 48 horas. Se ó levantar a tirita (e nas 48 horas seguites) aparece unha reacción cutánea con aspecto vermello, inflamación e picor, é que probablemente esa persoa é alérxica a algún compoñente dese produto e debe acudir ó especialista ou -cando menos- evitar aplicar ese produto.

Nos casos en que se dá unha reacción desproporcionada por cosméticos ou unha auténtica intoxicación (por exemplo, un neno que inxire un limpador facial ou unha crema) debe acudirse inmediatamente a un centro médico de urxencias ou contactar co INSTITUTO NACIONAL DE TOXICOLOGíA (tlf. 91 562 04 20), www.mju.es/toxicologia/.

Emilio del Río, médico dermatólogo, Clínica DERMALAR, Santiago de Compostela,

voltar á páxina principal