Parabenos e sales de aluminio
Con certa frecuencia, os clientes preguntan pola seguridade para a saúde dos
cosméticos que conteñen parabenos ou que levan na súa composición
sales de aluminio como antitranspirantes. En ambos casos no pasan de
ser rumoroloxía que as redes se encargaron de espallar.
Aínda que os cosméticos teñen unha lexislación distinta á dos medicamentos, é a Axencia Española
do Medicamento a que fai o seguimento da seguridade
dos mesmos. Os mecanismos de vixiancia fan que cando existe a máis
mínima dúbida sobre a súa inocuidade dun cosmético sexa retirado cautelarmente
(como sucede cos alimentos). Nin os parabenos (que se usan como
conservantes) producen tumores, nin as sales de aluminio aplicadas
topicamente na pel producen cancro de mama.
A fin de cortar estas medias verdades, falsas promesas, bulos ou afirmacións deshonestas na etiquetaxe e rotulación de cosméticos a
Axencia Española do Medicamento e Productos Sanitarios ditou nos últimos anos unha normativa inequívoca e de obrigado cumprimento dende 2019
(Normativa de etiquetaxe e rotulación nos cosméticos.
voltar á páxina principal